mujer
mujer
Luis Seoane evitaba toda estandarización buscando aprehender os paradigmas culturais das tradicións dun lugar, non tanto coa intención de replicar o logrado senón buscando renovar as formas ancestrais para proxectalas no presente e o futuro da industria, convertendo esas formas en inéditas. Trátase de recoller as formas que caracterizaron a historia dun pobo e ao facelo, afirmar unha diferenciación cultural que pola contra corre o risco de perderse. É algo que se pode advertir nas súas pinturas, nos seus deseños cerámicos e en imaxes como a de Luis Seoane observando unha figuriña de faragulla de pan de San Andrés de Teixido no seu taller do Castro de Samoedo —da que sairá o seu orixinal Ramo vermello—, observando con detemento os seus gravados ou as escenas dos seus tapices, que teñen a maxia do relato oral.

