Bruno Munari foi deseñador, escultor, autor de libros infantís, poeta e pedagogo, considerado un dos mellores deseñadores gráficos e industriais do século xx e vinculado ao movemento futurista. Ao longo da súa traxectoria revisou diversos materiais facendo grandes achegas ao universo da expresión visual. O seu traballo busca clarificar o proceso do deseño a través da simplificación formal e a procura de novas metodoloxías de comunicación visual. O seu carácter polifacético levoulle a explorar a síntese das artes e a defender a confluencia das disciplinas para alcanzar formas insólitas. Un exemplo é o cinceiro Cubo, deseñado a partir de dous elementos mínimos: unha carcasa en forma de cubo aberta por un lado que contén un elemento de chapa dobrada. O ángulo que forma a chapa permite facer caer a cinza ao interior mentres o outro extremo, superposto, oculta o contido resultando nun obxecto discreto e funcional.