Negativo-Positivo
Milán, Italia, 1907-1998.
Artista e deseñador.
Negativo-Positivo
1993. Serigrafía 70x70 cm
Bruno Munari foi deseñador, escultor, autor de libros infantís, poeta e pedagogo, considerado un dos mellores deseñadores gráficos e industriais do século xx e vinculado ao movemento futurista. Ao longo da súa traxectoria revisou diversos materiais facendo grandes achegas ao universo da expresión visual. O seu traballo busca clarificar o proceso do deseño a través da simplificación formal e a procura de novas metodoloxías de comunicación visual. A súa obra gráfica, como neste caso, destaca pola experimentación cromática, empregando cores saturadas e brillantes que perseguen o equilibrio compositivo mediante a organización dos pesos visuais que poden achegarnos a correntes como o construtivismo. O seu carácter polifacético levoulle a explorar a síntese das artes e a defender a confluencia das disciplinas para alcanzar formas insólitas.