DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Neurath, Marie

 

Marie Neurath: 

Alemania, 1898 – Reino Unido, 1986

Deseñadora e cintífica social

J. A. Lauwerys:

Bruselas, 1902 – Reino Unido, 1981

Educador

The First Great Inventions

Max Parrish & Co

Co obxectivo de mellorar a comunicación pedagóxica na Europa de entreguerras naceu unha maneira de ordenar a información a partir de signos visuais ou pictogramas estatísticos que permitían vencer as limitacións da linguaxe verbal. Este proxecto coñeceuse como «o método vienés», pero pronto foi denominado Isotype (International System of Typographic Picture Education). O seu creador foi o sociólogo Otto Neurath, pero en todo iso foi fundamental a científica e matemática María Reidermeister —máis tarde coñecida como Marie Neurath—, que encabezaba un equipo capaz de transformar en diagramas os datos verbais para traballar en colaboración con artistas gráficos a súa execución final. Marie Neurath producirá máis de oitenta libros infantís dunha calidade asombrosa, onde a cor se emprega para engadir significado e claridade, nunca como decoración. Aprehender o esencial, saber utilizar a comparación, dirixir a atención e auscultar o sentido de todos os detalles da imaxe eran claves imprescindibles para ela que conseguía resolver ao traballar con equipos de investigadores, escritores e ilustradores, dirixindo todas as etapas do proceso para acadar unha precisión científica.