O misterio das badaladas
Deseñador
A Coruña, 1949.
O misterio das badaladas
Fillo do polifacético Isaac Díaz Pardo e alumno de Luis Seoane —que será unha influencia fundamental como tamén o será José Martínez Guerricabeltia, creador e director da editorial parisina Ruedo Ibérico e gran coñecedor da tipografía contemporánea—, Xosé Díaz naceu nun mundo de formas, gráficas, deseño e industria. Graduado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador de Grupo Revisión e en 1995 emprende a súa traxectoria en solitario con Imago Mundi Deseño. Xosé Díaz ilustra aquí a portada do libro O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo, servíndose de tres elementos chave: un reloxo, campás e a fachada dunha igrexa, elementos que compoñen un diálogo entre sí mentres manteñen a súa independencia, reforzada pola neutralidade dun fondo laranxa que imprime un carácter case onírico ao conxunto.