DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Permuy, Alberte

 

Fene, 1955

Deseñador

Expresión Atlántica

Expresión Atlántica. Arte Galega dos 80. X. Antón Castro. Editorial Follas Novas, 1985

Formado en deseño en Barcelona, Alberte Permuy funda en 1992 a empresa Permuy Asociados, conformada por profesionais que abarcan diversas áreas de actividade: produción, impresión, identidade corporativa, deseño editorial, branding, logotipos, deseño institucional, de páxinas web e multimedia. O traballo de Alberte Permuy destaca polo seu compromiso coa cultura galega e a procura de símbolos que a identifiquen. As súas creacións foron expostas en diferentes mostras de deseño gráfico en Lisboa, Atenas, Xangai, o MARCO de Vigo ou o Reina Sofía madrileño. Tamén é coñecido pola creación de Xubi, a mascota do Xacobeo dende 2010, e de entidades corporativas para organismos como a Xunta de Galicia ou o Concello de Santiago de Compostela. Neste caso ocúpase da portada do libro Expresión Atlántica, onde Antón Castro fai un repaso pola arte galega dos anos 80. Conformada a modo de colaxe, a portada destaca polo emprego de cores vivas que contrastan entre sí e unha forma antropomórfica que aporta dinamismo á composición, deixando entrever parte desa plástica da icónica xeración Atlántica ao tempo que reforza o seu carácter plural.