Sen título
Santiago de Compostela, 1978
Artista e creador tecnolóxico
Sen título
Díptico 148 x 120 cm c/u
Rubén Ramos Balsa analiza na súa obra a noción de intermedio procurando o seu compoñente máis fenomenolóxico. Interesado na acción rexistrada e a análise dos procesos performativos, o artista indaga no temporal e na idea de tempo que separa unha imaxe doutra. Este díptico foi presentado por primeira vez no Centro Torrente Ballester de Ferrol na terceira edición do ciclo Miradas Virxes e foi gañador da primeira edición do Premio Purificación García.