DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Cabezas Cortadas - Pepe Barro - Casa da Galería

Cabezas cortadas


Casa da Galería


Pepe Barro

17 xullo, 2026 a 17 setembro, 2026

Do 17 de xullo ao 17 de setembro, a Casa da Galería da Fundación Margarita Ledo Andión acolle Cabezas Cortadas, a exposición de Pepe Barro das súas pezas pertencentes ao Arquivo Pepe Barro depositado na Fundación DIDAC.

A mostra ofrece unha oportunidade única para explorar o universo visual da colección particular de Pepe Barro, unha  recompilación de cabezas atopadas e recortadas en cartón que, a través da súa disposición e diálogo, revelan novas lecturas sobre a imaxe, o deseño e o acto de coleccionar.

Unha proposta singular que invita a mirar con curiosidade e a descubrir o extraordinario que pode atoparse no cotián.