
DIDAC. Santiago de Compostela
Carlos Aires
Carlos Aires
En 1996 Jim Morrison escribe The End un tema co que dicía adeus a unha parella sentimental e que derivaría nun lisérxico e famosísimo spoken word. Nesta canción, de extrema pulsión vital, os símbolos entrecrúzanse e lévannos nunha viaxe polo ciclo ciclo infindo da vida. Agora Carlos Aires recolle esta inspiración e afonda na idea de final, na delgada liña que separa vida e morte nun mundo marcado pola violencia, o xenocidio e a ansiedade suicida.
En The End atopámonos cara a cara co derrube da cultura occidental asentada na busca de coñecemento, os mitos, as artes e o afán científico, pero tamén na loita relixiosa, na pugna polo territorio, na alienación e a distopía. The End lévanos a pensar na fin dun ciclo e en ídolos caídos, pero tamén na esperanza, na nosa capacidade de apuntalar, de soster de forma individual e tamén colectiva, para evitar a destrución.