DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

CICAGallery


DIDAC. Santiago de Compostela


Verónica Moar, Breogán Xague, Inés Rodríguez Rodríguez, Irene Sáenz Carballeira, Cillas Rodríguez

20 abril, 2024 a 10 maio, 2024

CICAGallery é un proxecto de residencias artísticas do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña. Cinco artistas seleccionados por un xurado –un artista senior e catro artistas junior– estiveron convivindo durante case tres meses cun grupo de investigación do centro. Durante ese período cada artista produciu dúas obras de arte inspiradas nalgunha das liñas de investigación do grupo elixido. Esta exposición reúne as obras creadas por cada un e unha mostra do proceso de traballo, cos seus erros e os seus acertos.

O proxecto nace como unha prolongación do legado do Laboratorio de formas, fundamentado en dous piares: identidade e interdisciplinariedad. A identidade entendida como unha idiosincrasia forxada pola cultura de Galicia, a nosa paisaxe, lingua, tradición, oficios, historia, costumes... A interdisciplinariedade entendida como a convivencia entre varias formas de coñecemento, coa intención de volver reunir os saberes que artificialmente se foron disgregando e coa convicción de que a fusión de coñecementos é o motor do futuro.

Durante as residencias os artistas aprenderon o funcionamento do método científico, as técnicas básicas de laboratorio e as principais liñas de investigación do grupo. Ao mesmo tempo, os investigadores aprenderon os fundamentos básicos da arte, a traballar con materiais e técnicas artísticas,como é o método de investigación e traballo dun artista no taller, e as principais liñas de investigación do seu respectivo artista.A exposición CICAGallery é un fragmento seleccionado deste proxecto, un laboratorio de formas e materiais conxelado no tempo, entre lenzos e matraces.



Inauguración 20 abril ás 12 h