DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Conversa con Xosé Luís Axeitos - O arquivo de Barro

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 6 febreiro, 2026 - 19:00

O pasado venres 6 de febreiro tivo lugar a segunda conferencia do ciclo O arquivo de Barro, na sede da Fundación DIDAC, nun encontro entre Xosé Luís Axeitos e Pepe Barro. A través dun diálogo fluído, ambos reconstruíron os proxectos desenvolvidos conxuntamente ao longo da súa traxectoria, poñendo o foco nas estratexias de mediación museolóxica e no deseño como ferramenta de interpretación e transmisión de contidos.

A conversa permitiu afondar na adaptación específica de cada proposta a cada contexto expositivo, atendendo ás particularidades espaciais, narrativas e simbólicas de cada proxecto, así como aos retos que estes implican. Unha práctica na que o deseño actúa como dispositivo crítico, en coherencia cunha liña ideolóxica compartida que entende a cultura como construción colectiva, como memoria e compromiso co rigor histórico. O encontro evidenciou, unha vez máis, a potencia do diálogo entre pensamento, arquivo e deseño como espazo de mediación cultural.

Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.