online
A Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC organizan a primeira cita do ano do ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son os deseñadores María Ramos e Pablo Iglesias
María Ramos. Deseñadora editorial e de tipografía. Licenciada en Publicidade pola Universidade de Vigo, ao inicio da súa carreira formou parte do equipo creativo de varios estudios de deseño galegos. Traballou como deseñadora gráfica e directora de arte en proxectos multidisciplinares, moitos deles vinculados ao sector editorial. En 2015 licenciouse no Máster en Deseño Tipográfico da Universidade de Reading (Inglaterra). Desde entón traballa como deseñadora de tipografía. É cofundadora de NM type, o selo tipográfico que comparte con Noel Pretorius. Parte do seu labor profesional inclúe tamén a investigación e a redacción de artigos en publicacións especializadas como Typographica ou Alphabettes, grupo do que forma parte desde 2016. Foi xerente da DAG – Asociación Galega de Deseño.
Pablo Iglesias. Diseñador en Lavelle Bikes, es un ingeniero de diseño enfocado en la búsqueda de la óptima resolución de los proyectos de forma íntegra. Graduado en Ingeniería Industrial y especializado en maquinaria, desarrolla conceptos que cubren una necesidad desde la idea hasta la fabricación, evaluando todas las tecnologías disponibles y creando el sistema de fabricación. Destaca por sus capacidades transversales, desde los ámbitos industriales más estrictos hasta proyectos con más componente creativo. En lo que respecta a los procesos de fabricación, destaca en los procesados y en el tratamiento de metales. Su trabajo recibió reconocimientos como el CIIG Mejor Startup Industrial del año 2017 o el Premio Paraugas 2023 del Clúster da Comunicación de Galicia al mejor diseño de producto.
Esta conversa, retransmitida en streaming, busca abrir unha nova ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos con gran proxección internacional. O ciclo de conversas é unha iniciativa desenvolvida no marco da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.