encontro
online
Conversas con profesionais galegos vinculados ao deseño e a innovación, moitos deles que teñen desenvolvido ou desenvolven a súa actividade fóra de Galicia, en liña coa súa intención de proxectar unha
rede de profesionais de deseño galego.
Coa finalidade de dar a coñecer o talento e fortalecer a rede internacional de profesionais do deseño galego no marco do programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, esta iniciativa quere proxectar o potencial do deseño como motor empresarial dando voz aos seus novos protagonistas, o que permitirá abordar diferentes temáticas e vías de desenvolvemento para o deseño dependendo da especialidade e experiencia de cada un destes profesionais.
Nesta primeira conversa participarán os Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020 e 2021, Yarza Twins e Damián Calvo, moderados por David Barro.