DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Cristina V. Miranda + Auto Sacramental. Una ausencia no es un piano

Cristina V. Miranda_Auto Sacramental
Cristina V. Miranda_Auto Sacramental
Cristina V. Miranda_Auto Sacramental
Cristina V. Miranda_Auto Sacramental
Cristina V. Miranda_Auto Sacramental
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 15 xuño, 2022 - 19:00

Unha ausencia non é un piano é una exploración confesional que non dubida en penetrar na llaga e que, no canto de obsesionarse coas respostas, suscita máis interrogantes a través dos que seguir percorrendo o camiño.

Neste viaxe poética a escritora estará acompañada do músico Auto Sacramental, encargado de crear unha atmósfera electrónica e suxerente que irá transformando ao ritmo que marque a poesía.

Unha ausencia non é un piano inspira o seu título nalgúns dos xogos de palabras que Alejandra Pizarnik practica nos seus Diarios. A ausencia como punto de partida cara ao pasado, como lugar de orixe para alcanzar a explicación do agora; o piano como alegoría que representa todo o que se perdeu -non é ausencia, pero paréceselle tanto que a evoca e xustifica.

Para asistir é necesario inscribirse aquí. (Entrada libre previa inscrición)