
formación
Historia do deseño e a cultura visual. Arquivo DIDAC Galicia
DIDAC. Santiago de Compostela
Nesta palestra poderás coñecer o mundo da creatividade e o deseño orientados ao branding e a transmisión de ideas. Verás a súa evolución desde os inicios da disciplina ata o momento actual, tendo en conta os principais factores económicos, tecnolóxicos e o cambio de paradigma en canto ao diferente comportamento das audiencias e as claves para orientar un proxecto de branding no futuro.
Poderás obter coñecementos teóricos e coñecer proxectos reais comentados desde a perspectiva e a experiencia de Nuria Carballo Taboada, con máis de trinta anos de experiencia traballando en diferentes países, con marcas e sectores como a moda, o branding institucional, as marcas de destino, o deseño e a arquitectura.
---------------------------
Nuria Carballo é directora creativa especializada en Branding, deseño estratéxico, deseño de futuros, gráfico e comunicación. Fundadora de Unconventional London e Nuria Carballo Studio. Estudou Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Complutense de Madrid. Ten un Máster de postgrao en Creative Direction and copy for advertising por Berkley, Universidade de California. Estudou fotografía no Instituto de Artes Visuales de Madrid e ten un Postgrao en Art Direction for Advertising, no London College of Communication.
Traballou para institucións públicas e privadas, grandes e pequenas empresas, empresas de capital risco e inversións, institucións culturais, e marcas en máis de vinte países. Price Whaterhouse, Dentsu, Heineken, Evian, Microsoft, Timberland, Otis, Barclays Bank, Banco Pastor, Adolfo Domínguez, Galicia Moda, Mondariz, Coren ou Finsa son algúns dos seus clientes.
É profesora de Análise de Tendencias na Universidade de Vigo, e de Art Direction for advertising no London College of Communication.
Nuria desenvolve proxectos de creación de ideas, creación e xestión de marcas, novos produtos o servizos e tamén creación de contidos corporativos e culturais creando publicacións, webs, contidos dixitais, podcast ou programas de televisión con temas de creatividade, deseño, arquitectura ou artesanía.
Imparte numerosas conferencias e cursos sobre análise de tendencias, innovación, deseño, branding, creatividade e ten participado en moitas publicacións