







encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
PRESENTACIÓN O LIBRO DE BARRO
O 23 de abril, con motivo do día del libro, a Fundación DIDAC acolle o derradeiro encontro do ciclo O arquivo de Barro, cunha conversa entre David Barro e Pepe Barro centrada no deseño galego, na cultura visual e nunha traxectoria profesional decisiva para a construción da identidade gráfica contemporánea en Galicia.
No marco deste encontro presentarase tamén a publicación deseñada polo propio Pepe Barro con motivo da exposición e como síntese dunha vida dedicada ao deseño. O volume funciona non só como catálogo, senón como artefacto crítico que condensa unha práctica sostida no tempo e un pensamento en linguaxe visual.
Desde o marco teórico, David Barro abrirá un espazo de análise que permitirá ler esta traxectoria como parte dun proceso máis amplo de articulación cultural, nun diálogo que situará o deseño como ferramenta de construción simbólica e como expresión dun compromiso continuado coa cultura visual galega.
Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.
