DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Debaixo do lavadoiro había un anillo d'ouro 3º Encontro - Escoller as imaxes

 
Centro Sociocultural de Sar

mércores, 30 setembro, 2026 - 18:00

O 30 setembro celebramos o terceiro encontro de “Debaixo do lavadoiro había un anillo d’ouro”.

Sergio Marey trouxo as fotografías reveladas que cada participante realizou a semana pasada, percorrendo Sar a través da fotografía analóxica.Volver sobre esas imaxes foi volver mirar o barrio de Sar desde múltiples olladas, os detalles, as formas, as cores, as texturas e arquitecturas que constrúen a identidade do lugar.

Compartimos as nosas visións, comparamos resultados e clasificamos o material por tipoloxías, abrindo conversacións sobre o que escollemos mirar e sobre as distintas maneiras de percibir, representar e pensar o territorio.

Con este material xa seleccionado, seguimos hoxe traballando na instalación performativa que terá lugar este sábado ás 18:00 h.

Esta actividade é unha proposta da Fundación DIDAC co apoio do Concello de Santiago de Compostela @concellosantiago