DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Deseño especulativo. Da cidade das Rías ao presente utópico.

Deseño especulativo. Da cidade das Rías ao presente utópico.
 
formación

Historia do deseño e a cultura visual. Arquivo DIDAC Galicia

DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 10 abril, 2024 - 19:00

A nosa civilización é a máis complexa da historia e os problemas que encaramos hoxe son igualmente complexos e compartidos. Os máis optimistas confían no noso talento e capacidade para innovar, os máis pesimistas anticipan o colapso. Para a maioría, a vida xa é o suficientemente complicada como para preocuparse pola complexidade do mundo. Así todos seguimos mantendo unha inercia que, como di o arqueólogo Eudaldo Carbonell, é o único do pasado que nos nos podemos permitir. 

Vivimos un momento único de desencantamento co mundo e é posible que a solución non sexa tecnolóxica, senón estética.

--------------------------

Manuel Vázquez, Santiago de Compostela, 1969. É artista multidisciplinar e deseñador estratéxico. Vive e traballa en Madrid.

Desde 2015 forma parte do equipo de Soulsight e anteriormente foi Head Designer na área de Innovación de Altran (hoxe Capgemini). Liderou proxectos en compañías como BBVA, Mapfre, Ferrovial, Iberdrola, Banco Sabadell, Nationale Nederlanden, Decathlon, DKV, Roche, Airbus, Repsol… Como artista, a súa obra forma parte das coleccións do CGAC, MUSAC, Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque e destacadas coleccións privadas como Coca-cola e Fundación Abanca. Despois de máis de vinte anos desenvolvendo en paralelo o seu proxecto personal artístico e o seu traballo como deseñador, nos últimos anos atopou un punto no que ambos os proxectos retroaliméntanse e enriquécense. Manuel Vazquez, formouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Central Saint Martins School of Art & Design de Londres.