DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

dia incohérent. Irene Grau

Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau
Irene Grau


Appleton. Lisboa


17 maio, 2022 a 16 xuño, 2022

dia incohérent é un proxecto que enlaza directamente coas accións de Les incohérents; un colectivo parisiense de finais do século XIX formado por un heteroxéneo grupo de (non)artistas dos que, entre as súas propostas atópanse unha serie de imaxes satíricas monocromas do poeta Paul Bilhaud e do humorista francés Alphonse Allais. A idea de monocromo xurdiu entón como unha broma conceptual, en forma de crítica gráfica, á tendencia monocromática de pintores como Turner ou Monet e moi especialmente as paisaxes nocturnas de Whistler. Les incohérents xustificaron eses planos de cor con pequenas frases que resumían situacións absurdamente monocromas. Esta serie de xestos satíricos supón un dos primeiros exemplos de pintura monocroma desde unha relación ambivalente tanto coa linguaxe como co xénero da paisaxe. E é desde esa referencia desde a que se constrúe dia incohérent, un proxecto de carácter inmersivo que desde o humor tensa e leva ao extremo a idea monocroma.