DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Encontro sobre deseño e videoxogos

Gente Dando Charlas. Segunda sesión
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 10 xuño, 2022 - 19:00

O proxecto Gente Dando Charlas, orixinado en Madrid arredor dos videoxogos e que engloba moitos outros sectores culturais, chega agora a Galicia en colaboración coa Fundación DIDAC.

O venres 10 de xuño ás 19.00 horas terá lugar o segundo destes encontros: dúas charlas breves e un encontro co público a modo debate. 

Primeira charla: Begoña Pastoriza

Como ser deseñadora web e collagista en galerías sen morrer no intento

Begoña Pastoriza dedícase a deseñar webs e apps institucionais desde hai máis de dez anos en diferentes empresas a nivel nacional e internacional, traballo que compaxina coa creación artística facendo colaxes que expón en galerías de Galicia, París, Madrid, Portugal, Los Ángeles e Londres.

Segunda charla: Rebeca de Viturro

A guerra coma instrumento lúdico. Construcións e representacións bélicas nos videoxogos.

Traballa como docente e escritora especializada en xeopolítica e historia medieval. A través de exemplos concretos, nesta charla veremos como se constrúe un discurso bélico e cales son os seus elementos, con especial fincapé naqueles xogos que empregan conflictos reais como base.