DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Encontro sobre guion e videoxogos

Encontro guion e videoxogos
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 7 setembro, 2022 - 19:00

O proxecto Gente Dando Charlas, orixinado en Madrid arredor dos videoxogos e que engloba moitos outros sectores culturais, chega agora a Galicia en colaboración coa Fundación DIDAC.

O venres 7 de outubro ás 19.00 horas terá lugar o terceiro destes encontros: dúas charlas breves e un encontro co público a modo debate.

Primeira charla: Rubén López

Post-mortem de Intruder in Antiquonia, unha aventura gráfica distribuida en Steam.

Rubén López é enxeñeiro informático e, tras liderar o departamento de I+D en Filmax Galicia e traballar para Google, fundou Aruma Studios xunto con Silvia Izquierdo. Nesta charla falará do que foi ben e non tan ben no seu primero desenvolvemento comercial: Intruder in Antiquonia.

Segunda charla: Alba Araújo

La culpa es del guion

Alba Araújo é licenciada en Comunicación Audiovisual e doutora en Comunicación. Actualmente é guionista nun departamento de desenvolvemento de contidos e vai tratar nesta charla sobre como se xestiona o traballo de guión e como é o proceso dende a escritura ata o produto final.