encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Gente Dando Charlas
O proxecto Gente Dando Charlas, orixinado en Madrid arredor dos videoxogos e que engloba moitos outros sectores culturais, chega agora a Galicia en colaboración coa Fundación DIDAC.
O venres 25 de marzo ás 19.00 horas terán lugar dúas charlas breves e un encontro co público a modo debate.
Primeira charla: Sara Pérez Lantes.
Traballar modo Game Jam: como en 2021 fixen máis xogos dos que xoguei.
Sara Pérez Lantes traballa como artista técnico no desenvolvemento e programación de videoxogos. Nesta ocasión falará do traballo dun artista técnico e fará un repaso sobre como se organizou para participar na produción de xogos hypercasuals simultaneamente á doutros xogos.
Segunda charla: Henrique Lage
Escribir videoxogos a partir do espazo.
Henrique Lage é guionista e articulista. Ten publicado en medios como Canino Magazine, Mondo Píxel ou Revista Manual e colaborou en videoxogos como The Count Lucanor e Yuppie Psycho. Nesta charla plateará unha introdución a como partir do deseño de niveis para escribir e desenvolver argumentos e escenas no deseño narrativo dun videoxogo.
Aforo limitado. Formulario de inscrición aquí