DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Encontro sobre videoxogos e novas tecnoloxías no mundo profesional

Gente Dando Charlas. Última sesión
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 16 decembro, 2022 - 19:00

O proxecto Gente Dando Charlas, orixinado en Madrid arredor dos videoxogos e que engloba moitos outros sectores culturais, chegou a Galicia en colaboración coa Fundación DIDAC.

O venres 16 de decembro ás 19.00 horas terá lugar a última edición de Gente Dando Charlas - Santiago e ímolo celebrar con tres charlas/debate.

Primeira charla: Carlos Cortés
La batalla perdida por la auto explotación, Game jams y la educación

Carlos leva participando en game jams (maratóns de desenvolvemento de vídeoxogos) dende 2014. Traballou en FX Interactive, Alpixel Games e agora é programador en Brainwash Gang. A súa charla porá en contexto a cultura das game jams; amosándonos os seus inicios para visibilizar os problemas cos que nos podemos atopar na industria do videoxogo hoxe en día.

Segunda charla: Uxía Baños

El diablo está en los detalles: Nociones sobre narrativa ambiental y arquitectura aplicada a videojuegos

Uxía exerce de arquitecta dende 2017 de formas tanxenciais á profesión. Artista 3D autodidacta, traballa agora como Senior 3D Artist en BergaGonzález, compaxinando a súa labor coa súa obsesión pola arte e as novas tecnoloxías. Nesta charla vai falar de narrativa ambiental e explicará esas leccións do mundo da arquitectura que podemos aplicar para favorecer a inmersión do xogador nas novas realidades dixitais. 

Terceira charla: Atilano Arias (Starboy Nano López)

Los entresijos del wresting profesional

Atilano leva vinculado ao mundo do wrestling dende 2003, primeiro como colaborador e redactor en webs e, dende 2017 como wrestler en activo. Participou en varias empresas en España, Italia ou Polonia, chegando a se enfrontar aos que foran os seus referentes. Na súa charla falará de como as historias e as personaxes son a menudo máis importantes ca os propios combates dentro do ring. Tratará algúns elementos que marcan a diferenza nun wrestler profesional: dende o físico ata a creatividade necesaria para sobrevivir neste negocio.