DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Espirales Trasatlánticas. Galicia Procesos e Formas

Galicia procesos y formas. Espirales trasatlánticas


Factoría Diseño - La Habana, Cuba


Carlos Arrojo, Pepe Barro, Jorge Bellón, Teresa Búa, X. Cabanas, Correa Corredoira, Luis Carballo, Julia Taboada, Nuria Carballo, Cenlitros, Costa., Desescribir, Isaac Díaz Pardo, Desoños, Era Comunicación, Elena Ferro, Xaime Isla Couto, Fausto Isorna, Marta Lojo, Manuela Mariño, Verónica Moar, María Elena Montero, Cristina Moralejo (DARDO), Uqui Permui, Rubén Prol, Lino Prieto, María Ramos, Grupo Revisión, Redeiras de Corme (Asociación de Redeiras Illa da Estrela), Federico Ribas, Carlos el Rojo, Luis Seoane, Sond3, Teiga Studio, Álvaro Valiño, Yarza Twins

15 novembro, 2024 a 28 febreiro, 2025

Espirais Transatlánticas fai alusión a un pasado común, pero tamén á cultura megalítica: pedras talladas en círculos e espirais dispersas entre bosques e ríos, “revelacións” da natureza, símbolos vitais que se repiten rítmica e periodicamente desde Irlanda a Escocia, Gales ou Galicia. A espiral como metáfora do cambio constante, como enerxía evolutiva en transformación capaz de desafiar conceptos e un futuro que aínda está por vir.

No fondo, poderíase afirmar que o deseño en Galicia avanzou de forma espiral, como unha curva que conseguiu dar voltas ao redor dun punto, afastándose e achegándose. Ese punto foi a súa propia identidade, convencidos de, como dicía o emprendedor cultural e industrial Isaac Díaz Pardo, “o futuro non ten sentido sen raíces”. Esa será unha premisa fundamental á hora de entender a evolución do deseño en Galicia e é o fío condutor desta visión panorámica do deseño en Galicia que se expón no proxecto Espirais Transatlánticas.

A gran cuestión que se expón de punto de partida é preguntarse de que falamos cando falamos de deseño galego e cales son as súas características e historia. Galicia. Procesos e formas quere responder as preguntas De onde vimos? Quen somos? e Onde imos?, esas grandes dúbidas da filosofía, que en clave galega lémbranse por ser o título e retrouso dunha das cancións máis coñecidas do celebrado grupo Sinistro Total, publicada en 1984 dentro do disco Menos mal que nos queda Portugal. Por esas mesmas datas, outro grupo galego paradigmático da movida dos anos oitenta, Vos Resentidos, titulaba o seu disco Vigo Capital Lisboa, cunha curiosa contraportada coa bandeira portuguesa dividida supostamente polo río Miño con forma dunha banda similar á da bandeira galega. Galicia reivindicábase en España como «sitio distinto» e facía de maneira diferente a como o facía a Xeración Nós a principios do século XX, o Movemento Renovador décadas despois, a xeración de Galaxia en plena ditadura ou os galegos que resistían no exilio cubano, arxentino, etc… Hoxe, para os deseñadores galegos, o reto non cambia: resulta necesario reinventar unha e outra vez Galicia, porque valorar a súa cultura significa renovala.

Ponencias:

María José Mariño es directora del Área de Talento y Transferencia de la Agencia Gallega de Innovación desde 2017. A lo largo de su trayectoria en empresas, firmas de consultoría, centros tecnológicos y fundaciones privadas, ha impulsado iniciativas en los ámbitos de la innovación, el diseño, el desarrollo tecnológico y la competitividad empresarial, la investigación y la ciencia, la transferencia de conocimiento y el talento.

En Factoría de Diseño en La Habana, impartirá una conferencia sobre las prioridades de innovación en Galicia y la estrategia del Gobierno gallego (la Xunta de Galicia) para impulsarlas como palanca de competitividad y crecimiento. En este contexto, expondrá las principales líneas de actuación de la Agencia Gallega de Innovación, el organismo que lidera el apoyo a los agentes del Sistema Gallego de I+D+i para reforzar sus capacidades.

Explicará también la singularidad que representa el Programa de Diseño para la Innovación y la Sostenibilidad 2024 - DIFERENZA, promovido por la Xunta de Galicia, que ya se ha convertido en una referencia pionera en España en el impulso al diseño desde la esfera pública. 

David Barro, escritor y comisario de exposiciones de arte y diseño es uno de los principales estudiosos del diseño en Galicia. Actualmente, es director de Es Baluard Museu d’Art Contemporani de Palma de Mallorca en España, que actualmente presenta una importante retrospectiva del artista cubano Carlos Garaicoa. 

En Factoría Diseño en La Habana (Cuba), además de presentar el libro “Galicia. Procesos y formas”, impartirá una conferencia sobre el papel que el diseño ha tenido para el fortalecimiento económico de Galicia y para un desarrollo cultural innovador. David Barro responde a las preguntas de dónde venimos, quiénes somos y a dónde vamos en clave gallega, otorgando un importante papel a los logros realizados desde el exilio y a lo necesario que resulta reinventar una y otra vez Galicia desde la tradición y las formas propias. 

Asesor del Programa de Diseño para la Innovación y la Sostenibilidad – Diferenza puesto en marcha por la Xunta de Galicia en colaboración con la Fundación DIDAC, David Barro explicará las claves de la capacidad diferencial del diseño gallego a partir del proyecto “Galicia. Procesos y formas” presentado en la Porto Design Biennale, en la que  Galicia representó a España como país invitado con curadoría del propio Barro.