DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia

Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia
Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia
Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia
Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia
Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia


DIDAC. Santiago de Compostela


Traballos realizados por e para empresas galegas e deseñadores e deseñadoras que traballan o deseño e destacan pola innovación dos seus produtos ou procesos.

4 novembro, 2022 a 16 decembro, 2022

A exposición Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia nace froito da colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza, e ten como finalidade recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento económico, social e cultural en Galicia a través da innovación e o deseño, poñendo en valor a potente simbiose entre deseño, creatividade e innovación como panca de competitividade e crecemento.

Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia exemplifica, desde diferentes perspectivas, o modo en que o deseño se presenta como unha ferramenta transversal para potenciar e transformar a industria, desde a procura dunha eficaz concepción formal e de comunicación coa que construír unha identidade propia ata o desenvolvemento de fórmulas innovadoras capaces de forxar un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente.

Ao longo do percorrido atopamos deseños históricos, reflexións plásticas e visuais de deseño e sustentabilidade, exemplos de proxectos que atenden ao traballo artesanal como motor empresarial e cultural, materiais innovadores e sostibles, e modelos de empresas que están a apostar pola innovación co deseño como motor. A exposición permite percibir como a innovación está ligada ao territorio e trata de mostrar tamén a importancia dunha innovación disruptiva, que é a que cambia os paradigmas dende a creatividade.

Co obxectivo de proxectar a importancia que ten na creación de riqueza cultural e económica a conxugación da creatividade e da industria, do deseño e da innovación, esta mostra vai acompañada da publicación Dicionario do deseño e da innovación en Galicia, un dicionario pioneiro que, polas súas características de deseño, permitirá unha actualización constante, deixando a posibilidade de ir engadindo autores, empresas e proxectos para conformar un referente no campo do deseño para a innovación en Galicia, amosando o talento dos deseñadores e deseñadoras, a experiencia das nosas empresas, os recursos e materiais naturais e sostibles e exemplos de casos de éxito.

Esta exposición e este dicionario sitúanse en liña con outras iniciativas da Fundación DIDAC pensadas para poñer de relevo como a innovación e o deseño son esenciais para mellorar a competitividade das empresas e a calidade de vida das persoas.

Visualiza e descarga o Dicionario do deseño e da innovación en Galicia aquí