encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Plataforma quere fomentar a economía circular e a sustentabilidade co apoio e a colaboración de SIGNUS - Sistema Integrado de Gestión de Neumáticos Usados, que traballa co obxectivo de lograr atopar novos usos e aplicacións para os materiais reciclados procedentes dos pneumáticos. A esta aposta de Plataforma e SIGNUS súmase a EASD Mestre Mateo,que traballou facendo prototipos e deseñando modelos que serán presentados dentro do festival Plataforma e que tamén protagonizarán algunhas conversas específicas sobre esta materia desde o lado da comunicación —con Elisa González Penas— e os procesos —con Juan Adrio—, vicedirectora e director da EASD Mestre Mateo, respectivamente.
Os relatorios e a presentación e exposición dos prototipos realizaranse na Fundación DIDAC. Nas conversas participarán profesionais como Gema Neira Surribas —CEO da empresa Cholita, que se encarga de dar unha segunda vida aos plásticos e ao lixo—, Inés Rodríguez —CEO de RIR & Co, experta no traballo con materiais innovadores e sustentabilidade—; David Barro, director artístico de Madblue Summit e codirector de Plataforma e Isabel López Rivadulla, directora de Comunicación e Marketing de SIGNUS Ecovalor.
O encontro terá lugar o martes 13 de xuño ás 16:00 na Fundación DIDAC. A entrada será libre ata completar aforo.