DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Foro economía circular Plataforma SIGNUS

 
encuentro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea

mércores, 8 outubro, 2025 - 09:00

A Fundación DIDAC colabora un ano máis no Foro Plataforma SIGNUS de Economía Circular, patrocinado por Signus Ecovalor

Durante este foro xerarase un encontro entre deseñadores, artesáns e artistas, e os futuros creadores que hoxe están en formación. A través das presentacións, os estudantes poderán achegarse a proxectos que teñen os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable no seu punto de mira, e a circularidade como unha das súas principais apostas.

Xunto a estas presentacións poderemos gozar dunha mostra de traballos realizados por artistas e deseñadores gañadores do Premio SIGNUS Creación desde la sostenibilidad e os alumnos da EASD Mestre Mateo con materiais proporcionados por SIGNUS Ecovalor.