DIDAC. Santiago de Compostela
varios artistas
varios artistas
A exposición Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico é unha nova versión da exposición da representación de Galicia na última edición da Porto Design Biennale titulada, Galicia. Procesos e formas, na que, a partir de obxectos, exemplos de gráfica aplicada, materiais, produtos innovadores e documentos inéditos, entre outras cousas, trázase un percorrido por certos aspectos do deseño en Galicia que quedou recollido en dúas publicacións.
A selección de traballos que se presentan nesta ocasión é unha escolma do material gráfico que deu forma a mostra e ven tamén completar o traballo da Fundación DIDAC en relación á creación dun arquivo dixital mediante o que estudar a historia do deseño en Galicia a través de pezas que forman parte da Colección DIDAC, pero tamén a través de estudos, publicacións, exposicións, conversas online e diversos contidos dixitais que permitan a súa accesibilidade e estudo dende calquera parte do mundo.
----
Esta exposición está coproducida pola Xunta de Galicia e a Fundación DIDAC dentro do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade - DIFERENZA. A exposición enmárcase dentro do proxecto Arquivo DIDAC Galicia que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura do Goberno de España