DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

History of the future


Appleton. Lisboa


Suso Fandiño

21 maio, 2024 a 20 xuño, 2024

Historia do Futuro é unha colección de obxectos e imaxes que se articulan arredor da idea de que o pasado e o futuro están conectados de forma cíclica. Os traballos recollidos neste proxecto actúan sobre o vello aforismo: coñezamos o pasado para non cometer os mesmos erros no futuro. Loop, o futuro está escrito nos libros de historia.

Suso Fandiño é un artista que traballa dende a emisión da linguaxe a través de materiais recuperados, creando propostas que formulen unha reflexión sobre a relación entre memoria e territorio. A súa obra articúlase a través de diferentes procedementos artísticos, incorporando o obxecto, colaxe ou instalación nos seus procesos. Aínda que boa parte da súa liña de produción podería situarse nunha primeira observación arredor da tradición do objet-trouvé, en realidade nunca se trata de cousas atopadas, todas elas foron minuciosamente buscadas, e o seu descubrimento chegou case sempre despois dun loita amarga. Do mesmo xeito que a escultura clásica ten que extraer a forma dentro do bloque de mármore mediante a extracción do exceso de material, estas obras son o escrutinio final dunha longa tarefa de descarte e busca.

Esta liña de argumentos e intereses xa presentes na exposición Wunderkammer, celebrada no Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC en 2022, segue a ser activa no uso das representacións do mundo a través dos seus documentos, mapas. A maioría deles, hoxe inútiles para a función designada no seu tempo, pero activos como historiografía. As reconstrucións realizadas a partir desta colección de recordos cartográficos constrúen un amplo campo semántico aberto á experiencia e ao diálogo directo co espectador.
Fandiño realiza unha restauración alterada destes materiais, ofrecendo outra posible reinterpretación do mundo e da súa historia que o acompaña. Estes cadáveres exhumados do cemiterio da súa obsoleta condición, convértense aquí na materia prima coa que producir unha historia compartida.

Unha invitación á contemplación activa. Unha convocatoria para a coprodución dunha nova escenografía da vida e do tempo.

Coa colaboración da Fundación DIDAC