DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

LEGADOS. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas.

 
encontro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea

sábado, 29 novembro, 2025 - 09:30 a 14:30

"Legados. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas" é un proxecto impulsado pola Fundación Gabeiras que nace da preocupación compartida co sector da arte contemporánea polo destino dos legados dos artistas de maior idade, así como pola situación económica e xurídica que adoita acompañar este colectivo.

A iniciativa aborda a necesidade de garantir a conservación, a xestión e a transmisión do patrimonio artístico contemporáneo, ofrecendo un marco de reflexión e propostas concretas a través dun estudo sociolóxico e dun informe xurídico elaborados en colaboración con Gabeiras & Asociados.

Tras as presentacións realizadas no Museo Reina Sofía (Madrid, setembro de 2023), no Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) (abril de 2024) e no Museo Ruso de Málaga (xullo de 2024), o proxecto entra agora nunha segunda fase, na que amplía o seu ámbito de traballo ás artes escénicas e á música e incorpora a análise e preservación dos seus arquivos coreográficos, líricos e musicais desde unha perspectiva interdisciplinar.

O Centro Galego de Arte Contemporánea é o promotor da presentación en Galicia, en colaboración coa Fundación DIDAC e faise co obxectivo de situar o debate no contexto galego, analizar as particularidades do tecido artístico local e abrir un espazo de diálogo sobre o futuro dos legados e arquivos de artistas contemporáneos, para o que se fará esta xornada o día 29 de novembro no CGAC en Santiago de Compostela.

Para asistir é necesaria a INSCRICIÓN

PROGRAMA

9:30-9:45 Benvida institucional
Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Roger Dedeu, presidente da Fundación Gabeiras
9:45-10:45 Mesa de artistas. O legado como elemento esencial da memoria das e dos artistas contemporáneos
modera: Laura Carro, presidenta da delegación do Instituto de Arte Contemporáneo (IAC) en Galicia
Pepe Barro, deseñador, ilustrador e escritor
Marisa Fernández, artista
Juan de Nieves, comisario do legado da artista Berta Cáccamo
María América Díaz, xestora cultural. Isaac Díaz Pardo
10:45-11:15 Pausa-café
11:15-12:15 Mesa institucións e centros de arte. A profesionalización dos legados
modera: Paula Cabaleiro Comesaña, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG)
Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Arquivo Camilo José Cela
David Barro, director de Es Baluard Museu d’Art Contemporani de Palma
Rosario Peiró, directora da Área de Coleccións do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS)
Diana Dúo Ramila. Departamento de educación do Museo de Pontevedra. O legado de Castelao
12:15-13:00 Mesa de artes escénicas e música 
modera: Patricia Gabeiras, directora e socia fundadora de Gabeiras & Asociados
Patricia de Lorenzo, presidenta de Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas)
Xesús Ron, actor, dramaturgo, director e activista cultural. Chévere - Sala Nasa
Chus López Elvira. Arquivo da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)
Sabela Mendoza, investigadora, creadora e xestora cultural especializada en danza e artes performativas
13:00-13:45 Presentación do proxecto Legados
Roger Dedeu, presidente da Fundación Gabeiras
13:45-14:30 Debate e conclusión Programa

Precio matrícula: 
0.00€