





encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Mesa redonda. Como operar dentro do circuíto artístico. Con Almudena Fernández Fariña (artista e profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo), Verónica Vicente (artista) e Mónica Maneiro (directora artística da Fundación DIDAC).
Lugar: Fundación DIDAC
Duración: 50 min
Prazas: 75
Data: mércores 17 de decembro de 2025
Horario: 11.00 H
Actividade dirixida a alumnado das escolas de arte da cidade
Inscricións en info@didac.gal
Nesta charla analizaremos cales son os condicionantes do traballo das artistas. Os seus problemas na inserción nos circuítos artísticos institucionais e de mercado, e as barreiras de xénero que van caendo nos últimos tempos.
Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970) é artista e doutora en Belas Artes, profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo) dende 2000. Formada en Pontevedra, Limerick (Irlanda), Le Mans (Francia) e Salamanca, iniciou a súa traxectoria nos 90 con exposicións en galerías e institucións de España e Portugal. Recibiu premios e becas como o Francisco de Goya (1996), L’OREAL (2000) e Pollock-Krasner (2001) e no 2024 o Premio da Crítica de Galicia. A súa obra, presente en coleccións públicas e privadas como Museo de Arte Contemporáneo de Madrid, Museo de Pontevedra ou CGAC, explora desde 2002 proxectos site-specific. Paralelamente desenvolve unha intensa actividade investigadora arredor da pintura contemporánea O ensaio O que a pintura non é (2011) recolle parte da súa tese doutoral, recoñecida co Premio Extraordinario da Universidade de Vigo (2008/2009) e co Premio Provincial á Investigación da Deputación de Pontevedra (2009). Entre as súas publicacións salientan Pintura site (Ed. Dardo, 2014) e o catálogo Pisando charcos (Ed. CGAC, 2024)
Entre os seus proxectos recentes destacan a exposición individual Pisando charcos, no Centro Galego de Arte Contemporánea (2023), e Flor e Acanto, intervención específica realizada con motivo do 30 aniversario do CGAC, así como Flor de 6 pétalos, intervención específica realizada no marco da 32 Bienal de Pontevedra (2025).
Verónica Vicente (Tomiño, Pontevedra, 1988) é artista visual graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, con formación en fotografía conceptual, museoloxía e profesorado, e actualmente doutoranda en Artes e Educación na UGR. O seu traballo, baseado en rexistros fotográficos e videográficos de accións vinculadas ao escultórico, aborda a identidade, as fronteiras do corpo e cuestións existenciais. A súa obra foi recoñecida con premios como o de Fotografía Joven da Fundación ENAIRE. Participou en residencias como a Formarte do Ministerio de Cultura para residir no Colegio de España en París e a REGA da Cidade da Cultura. Expuxo en Fundación RAC, Espacio Alexandra (OFF PhotoEspaña) e La Gran, e a súa obra forma parte de coleccións como as do CGAC, Fundación RAC, Fundación ENAIRE, Centre d’Art La Panera, Museo Nacional de Escultura ou a Fundação Bienal de Arte de Cerveira.
