





encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Recital poético con Nuria Vil “Flúor significa escuridade”
Lugar: Fundación DIDAC
Duración: 50 min
Data: xoves 18 de decembro de 2025
Horario: 19.30 horas
Inscricións en info@didac.gal
De balde ata completar aforo
Flúor significa escuridade
Sinopse: Un halóxeno de cor amarela pálida, tóxico e moi reactivo. Así, como un elemento químico, aparece a palabra en voz alta. Unhas veces detona e outras acompaña e ilumina.
Poemas longos e pensados para escoitar, para repetir en voz alta en voz alta, para detonar e alumear na rúina.
Poemas ed Simún, poemas inéditos, poemas que non digo nunca e poemas que resisto a todas horas.
Nuria Vil (San André de Comesaña-Vigo-1993) centra o seu traballo artístico, eminentemente oral, en levar a poesía máis aló da escrita, busca hibridar a palabra con formas de arte experimental e performática a través dun discurso marcado pola vindicación social. Vén de estrear Delicuente (2024), unha curtametraxe dirixida por Alba Domínguez e baseada na seu poema homónimo e inédito arredor da historia obreira da cidade de Vigo na que conta co material en Super-8 cedido por Loli e Manoel da Costa; en 2024 estrea a performance Declaro Deserto (saxofón e voz) creada ao abeiro da Residencia In Situ 2023 (Cooperativa Performa), a instalación en proceso Abride sinal (Fundación Granell) e o espectáculo multidisciplinar Indóciles con Mónica de Nut e Vero Rilo. Desde 2016 fixo parte dos espectáculos Dúas Gamberras e un Micro, Por Xela, Sésega, Rabuda... E de festivais como Pictura Fulgens Reina Sofía, do Festival Sinsal, da Spoken Word Bilbao, Madrid, Porto, Versud Mallorca, Sacavera Asturies, Alguén que Respira Santiago de Compostela, MITEU Ourense, Veñan as cinco Pontevedra ou Plataforma Festival de artes performativas en Santiago de Compostela.
