DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

O nacemento dunha contracultura en Galicia. Arte e imaxe gráfica para unha escena independente.

 
encontro

Historia do deseño e a cultura visual. Arquivo DIDAC Galicia

DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 9 outubro, 2024 - 19:30

A finais dos anos sesenta e inicios dos setenta a plástica galega comeza a experimentar unha renovación das linguaxes. Esta irá en paralelo a tímida aparición dos movementos contraculturais que tiñan un marcado carácter de protesta e rexeitamento das correntes de pensamento dominantes. As influencias do maio do 68 francés, os beatniks, e a silenciosa revolta pacifista, comezaron a albiscarse a través de propostas gráficas, artísticas e literarias, que saían dos formatos habituais e rompían os esquemas estéticos dominantes.

Mónica Maneiro é Licenciada en Historia da Arte pola USC. Realizou os seus cursos de doutoramento en Crítica e Estética na Universidade Complutense de Madrid (2005), e obtivo o título de Máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporáneo da Universidade de Santiago de Compostela no 2010. Entre 2014 e 2019 foi directora xunto a Fernando Agrasar da revista de Arte Contemporáneo, Arquitectura e Deseño, DARDOmagazine. Ten escrito numerosos textos para catálogos e publicacións e traballa activamente como comisaria de exposicións e xestora cultural. Actualmente é Directora artística da Fundación DIDAC é colaboradora experta en arte contemporánea na Radio Galega. Forma parte da cooperativa Performa dende a que co-dirixe o Plaforma. Festival de artes performativas entre outros proxectos.