
familia
DIDAC. Santiago de Compostela
A partir da exposición Breviario de Tamara Feijoo, a Fundación DIDAC propón un encontro creativo dirixido a nenas e nenos no que a arte, experimentación e natureza se dan a man. O taller achegará aos máis pequenos ao universo plástico da artista, explorando como a observación pode transformarse en cores, formas e composicións.
O percorrido comezará visitando o espazo de DIDAC: observaremos xuntos as obras de Tamara para deixarnos inspirar polas súas formas e cores. No camiño aprenderemos tamén que é un breviario: un libro especial que recolle pequenos fragmentos, recordos ou pensamentos, e que servirá de guía para a nosa creación.
Despois, os participantes traballarán coa súa propia linguaxe plástica, creando soportes a partir de papeis vellos, pintura e técnicas de collage, que se combinarán con ilustracións de animais e botánica.
A actividade concluirá coa realización dunha pequena exposición colectiva, onde cada participante poderá ver a súa peza dialogando coas dos demais. Este conxunto poderá recollerse nun álbum común, un breviario creado entre todos que como resultado do proceso compartido.
Unha actividade para aprender xogando, mirar con curiosidade o mundo que nos rodea e gozar da creación artística dentro do espazo expositivo de DIDAC.
Accitvidade de balde.
INSCRICIÓNS EN INFO@DIDAC.GAL
