DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Plataforma de economía circular SIGNUS

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

martes, 21 maio, 2024 - 17:00

Con Mónica Maneiro Co-directora do Plataforma Festival de artes performativas e Directora artística da Fundación DIDAC, Isabel López Rivadulla. Directora de comunicación e marketing de Signus Ecovalor, Juan Adrio, Director da EASD Mestre Mateo e alumnos da escola.
Invitados participantes: Rosa Rodríguez Vidal, Presidenta da Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme, Juan Meijide, Socio Fundador de Insertega e Mamen Diego, Fundadora e deseñadora de Objet Particulier.

Plataforma quere fomentar a economía circular e a sustentabilidade co apoio e a colaboración de SIGNUS- Sistema Integrado de Gestión de Neumáticos Usados, que traballa co obxectivo de lograr atopar novos usos e aplicacións para os materiais reciclados procedentes dos pneumáticos.

A esta aposta de PLATAFORMA e SIGNUS súmase a EASD Mestre Mateo, que traballou facendo prototipos e deseñando modelos que serán presentados dentro do festival Plataforma e que tamén protagonizarán algunhas conversas específicas sobre  esta materia.