DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Poesía e ruralidades.

María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
María Solar e María Sánchez en AVISTA DIDAC
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 19 decembro, 2025 - 19:30

Charla e recital poético con María Sánchez e María Solar. Poesía e ruralidades. Lugar: Fundación DIDAC
Duración: 60 min
Data: venres 19 de decembro de 2025
Horario: 19.30 h
Inscricións en info@didac.gal
De balde ata completar aforo

Nesta conversa María Sánchez e María Solar falarán sobre o traballo da escritura, sobre a creación no medio rural e o acompañarán de lecturas seleccionadas. 

María Sánchez (Córdoba,1989), con orixe familiar na Serra Norte de Sevilla, e vive nunha aldea en Galicia. É veterinaria e traballa con razas autóctonas en peligro de extinción. Publicou os poemarios Cuaderno de Campo (La Bella Varsovia, 2017; con tradución ao eslovaco) e Fuego la sed (La Bella Varsovia, 2024; con tradución ao francés), Premio Zenda ao Mejor Libro de Poesía de 2024. Tamén é autora do ensaio Tierra de mujeres (Seix Barral, 2019: con traducións ao alemán, ao eslovaco, ao francés e ao inglés) e Almáciga (Geoplaneta, 2020), un viveiro de palabras do medio rural das línguas do noso território. Os seus poemas foron traducidos ao alemán, eslovaco, francês, inglés, italiano, polaco, português e rumano. Colabora co suplemento Comer de La Vanguardia e coordina os proxectos Almáciga, que ensancha o libro homónimo, e Las entrañas del texto, sobre o proceso de creación. Obtivo entre outros prémios Orgullo Rural, Nacional de Juventud e Fademur (todos en 2019), Fundación Princesa de Girona de Artes e Letras en 2021, a Medalla de Andalucía al Mérito Medioambiental en 2023, o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba 2024, e o Premio Internacional de Poesía Mahmud Darwish 2025 do prestixioso Festival de Medellín, en Colombia. María tamén forma parte dos proxectos de investigación da Universidad de Córdoba: MURAL, Distintivo de Buenas Prácticas en Igualdad de Género da UCO en 2024; e NATURPAS.

María Solar (Santiago de Compostela, 1970) é escritora e xornalista. Presenta e dirixe o programa cultural ZigZag Fin de Semana na Televisión de Galicia, dirixe os Zigzag Diario e coordina os contidos de cultura na CSAG, onde traballa desde hai máis de 25 anos nos máis diversos formatos. A súa formación foi pouco convencional, mesturando ciencias e letras, é licenciada en Xornalismo e Bioloxía, diplomada en Maxisterio, e especialista en Información Medioambiental.
Como escritora ten obra para públicos de todas as idades. É unha das autoras máis lidas de Galicia e foi traducida a numerosos idiomas como castelán, catalán, polaco, italiano, portugués, filipino ou chinés. Algúns dos seus libros son Os nenos da varíola, premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do Libro e que foi adaptada ao teatro; O meu pesadelo favorito co que gañou o Premio Lazarillo e mellor libro infantil da I Gala do Libro, entrou na lista White Ravens da Biblioteca de Munich que distingue aos mellores libros infantís do mundo. Galardón que repetiu con Teño uns pés perfectos. En adultos a súa novela As horas roubadas foi premio Frei Martín Sarmiento e con A culpa gañou o premio Xerais de novela.