DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación do libro Díario de bestaxe

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 15 outubro, 2026 - 19:00

O xoves15 ás 19 h presentamos na Fundación DIDAC o libro “Días de bestaxe”, de Braulio Vilariño, editado por Chan da Pólvora.

“Días de bestaxe” é a representación gráfica da voz interior de Braulio Vilariño, unha figura clave no activismo galego recente. Estamos ante un collage de poderosas imaxes que percorren as tres últimas décadas do século XX desde a perspectiva da revelación, pero tamén ante a crónica dunha xeración que desexaba mudar o mundo e que espertou nun atroz pesadelo postcapitalista. Os textos que agora aparecen en Chan da Pólvora son o resultado de máis de trinta anos dunha escrita que o seu autor nunca se atreveu a publicar malia ser poeta de nacemento. Encontrámonos coa vertente máis oculta da súa vida, a máis inaccesible, a que ninguén descubrira ata ler estas páxinas.

Un encontro arredor dunha obra que chega para abrir novos espazos de lectura e que nos convida a achegarnos ao universo literario do seu autor. Agardámosvos para compartir esta presentación.