DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación do libro Mery Pais. Lei Eterna

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

martes, 11 febreiro, 2025 - 19:30

Este martes 11 de febreiro ás 19.30 horas na Fundación DIDAC terá lugar a presentación do libro Lei eterna da artista Mery País. Esta publicación editada pola fundación recolle o proxecto realizado pola artista para a mesma, ao tempo que fai un percorrido pola súa traxectoria ata a actualidade. Con textos da comisaria e directora artística da fundación, Mónica Maneiro, e da propia artista, o libro deseñado por DARDO (Cristina Moralejo) está concibido como un obxecto artístico único. Para a súa cuberta foron utilizadas as mesmas teas que deron forma a instalación artística que da título a mostra sendo cada exemplar diferente e único.

Na presentación estarán presentes a artista Mery Pais e a comisaria Mónica Maneiro.