






encontro
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
DIDAC. Santiago de Compostela
mércores, 27 maio, 2026 - 19:00
Presentación do libro Monte aberto de Carlos Amado.
A editora Chan da Pólvora presenta o poemario titulado Monte aberto do poeta de O Hío Carlos Amado. Nesta presentación o autor estará acompañado por Anxos Sumai e Antón Lopo. Con este poemario a editora redimensiona a colección Rabo de Egua.
Os poemas de Carlos Amado teñen unha epiderme delicada e un corazón que latexa impetuoso como unha manda de animais salvaxes.
O título fai referencia a un espazo comunal, un lugar sen propiedade onde os corpos se entregan libremente ao coñecemento. A natureza abrolla en cada verso e o poema respira como un bosque silencioso, pleno, lúdico e feliz.
27/05/2026
19.00 horas
Fundación DIDAC
