
encontro
encontro
A Casa de Rosalía
A Casa de Rosalía
domingo, 12 xullo, 2026 - 18:00
Este domingo 12 de xullo, ás 18 h, no marco do festival Abride a fiestra na Casa de Rosalía, en Padrón, haberá unha conversa entre a xornalista Ana G. Liste e Pepe Barro, que presenta O libro de Barro, a publicación editada por la Fundación DIDAC que percorre a traxectoria profesional de Pepe Barro e propón unha lectura do seu pensamento e da súa contribución á cultura visual galega.
Este libro convida a deterse nas ideas, nos procesos e nas preguntas que atravesan décadas de creación, entendendo o deseño como unha linguaxe capaz de construír memoria, identidade e compromiso coa cultura galega.
Podedes consultar o programa completo do festival en https://abrideafiestra.gal/
Agardámosvos.
