DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación O libro de Barro - Museo de Belas Artes da Coruña

 
encontro
Museo de Belas Artes (A Coruña)

xoves, 28 maio, 2026 - 19:00

Presentación de O libro de Barro. Auditorio do Museo de Belas Artes da Coruña. 

O libro de Barro é unha publicación realizada con motivo da mostra O arquivo de Barro que tivo lugar os pasados meses na Fundación DIDAC e constitúe unha parte importante do traballo que o deseñador e a Fundación DIDAC están a desenvolver arredor do seu arquivo. Nel recóllense imaxes das cinco décadas de traxectoria de Pepe Barro na súa contribución ao deseño en Galicia ademais de textos de persoas que acompañaron a Pepe ao longo deste percorrido como Anxo Angueira, Xosé Luís Axeitos, David Barro, Carlos L.Bernárdez, Marcos Dopico, Emilio Gil, Pablo Honey, Margarita Ledo Andión ou Enric Satué.

28.05.2026

19.00 horas.

Auditorio do Museo de Belas Artes da Coruña