encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
O vindeiro xoves 9 de xaneiro terá lugar a presentación da publicación Espacios textiles. Habitando la interfaz na que se propón unha reflexión sobre os espazos téxtiles e de maneira específica a través da instalación téxtil na arte contemporánea.
A publicación investiga a relación que se dá entre corpo e espazo a través dos modos téxtiles. Un enfoque que se basea no modelo tecnolóxico téxtil que os filósofos Gilles Deleuze e Félix Guattari propoñían no seu libro Mil Mesetas: Capitalismo y esquizofrenia (1980), a través do cal a autora expón a hipótese de que o téxtil é reflexo dunha estrutura de pensamento que sucede a través dunha relación material entre corpo e espazo, no que o tecido sitúase como interface. No libro analízanse máis de 200 obras de artistas pioneiros e contemporáneos que traballaron cos téxtiles desde a súa procesualidade e hapticidade, para poñer de relevo como o téxtil funciona como modo de pensamento vincular e interface espacial.
Esta publicación é unha adaptación da tese doutoral defendida en 2023 por Sara Martínez Pérez-Coleman e dirixida por Ana Soler. No ano 2024 publícase o libro co apoio do grupo dx5 e DARDO. Organismo financiador: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Universidade.