





encontro
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
DIDAC. Santiago de Compostela
martes, 23 decembro, 2025 - 19:00
O vindeiro martes 23 de decembro presentamos o libro Breviario, unha publicación xurdida a partir da exposición homónima na Fundación DIDAC. Breviario é unha conversa entre Mónica Maneiro Jurjo, comisaria da exposición, e a artista Tamara Feijoo a partir do seu traballo de artista, un compendio de influencias, de técnica, de historia. O libro conta con imaxes do proceso de traballo para a produción da exposición e do resultado que puidemos gozar en DIDAC estes meses. Ás 19 h contaremos coa presenza de Mónica e de Tamara para seguir falando de tradición pictórica achegada á nosa contemporaneidade.
