encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
O 20 de setembro tivemos ocasión de ompartir cun grupo de stakeholders de excepción os obxectivos e o plan de acción do proxecto europeo #Picobello, no que a Axencia Galega de Innovación participa en representación da Xunta de Galicia.
Grazas á Asociación Galega de Deseño (DAG), á Fundación Juana de Vega, á Escola Universitaria de Deseño Industrial da Universidade da Coruña (UDC), á Fundación DIDAC, á Fundación Roberto Rivas, á Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), á Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) e a Galaria por acompañarnos hoxe e polo seu interese no proxecto, que busca integrar os principios da New European Bauhaus (#NEB) nos instrumentos de política existentes para aproveitar e promover o pensamento a longo prazo, o ciclo de vida e o pensamento integrado nos ecosistemas industriais.
Tal e como se lles explicou ás persoas participantes, no caso de Galicia o obxectivo é optimizar o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - #DIFERENZA. Durante a reunión, tamén se analizaron os resultados do borrador de análise realizado pola UDC sobre a adecuación das políticas públicas galegas aos principios da NEB.
Picobello (Pilotinng Collaborative ways to Better Living Locally), que conta cun orzamento de 1,7 M€ cofinanciado por Interreg Europe, segue a estela do #Design4Innovation, que, do mesmo xeito que o Picobello, quere aproveitar a capacidade do deseño para mellorar as políticas públicas.