
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Presentación. Produción audiovisual en Galicia. Filmika Galaika. Con Beli Martínez
Lugar: Fundación DIDAC Duración: 60 min
Data: mércores 17 de decembro de 2025
Horario: 19.30 horas
Inscricións en info@didac.gal
De balde ata completar aforo
A produtora Beli Martínez falará nesta charla sobre o traballo que desenvolve na produtora e creará ademais unha mostra de cinema aberta ao público na que durante unha tarde poderemos gozar das propostas feitas en Galicia. Fílmika Galaika fúndase no ano 2009 coa intención de promover a realización de películas de clara vocación autoral. Tras 15 anos, Fílmika Galaika é un referente na creación cinematográfica galega pola produción dalgunha das obras máis destacadas do denominado Novo Cinema Galego como Ariel, Lois Patiño, Eles transportan a morte, Helena Girón y Samuel Delgado, Longa Noite, Eloy Enciso, Vikingland, Xurxo Chirro ou Jet lag, Eloy Dominguez. Os filmes producidos por Fílmika Galaika participaron en máis dun centenar de mostras de cine internacionais, nas que recibiron o recoñecemento do xurado en festivais de referencia como Venecia, Donosti, Mar del Plata, Locarno IFF, Zinebi ou PlayDoc, entre outros.
As súas producións exhibíronse tamén en museos e centros de arte como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, MoMA, Museum of the Moving Image (Nova York), Flaherty Film Seminar, Doc’s Kingdom, Centro Niemeyer (Avilés) ou Harvard Film Archive.
Beli Martínez (A Guarda, 1980) é Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo coa primeira tese que estudiou o Novo Cinema Galego. É produtora en Filmika Galaika, empresa galega especializada en cinema autoral e que produciu os últimos traballos de Eloy Enciso Longa Noite, Jessica Sarah Rinland Those that, at a distance, resemble another e de Helena Girón e Samuel M. Delgado Eles transportan a morte. Os seus filmes obtiveron o recoñecemento do xurado en festivais como Venecia, Locarno, Donosti, Mar del Plata, BAFICI, FICUNAM ou Zinebi, entre outros. Dende o ano 2012 desenvolve Proxecto Socheo, arquivo audiovisual de A Guarda. Compaxina a produción audiovisual coa docencia na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Ten impartido conferencias en universidades como Harvard, Edimburgo, Porto ou a Universidade do País Vasco.
