DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Sinfonía dunha cidade-corpo.

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 13 decembro, 2024 - 19:30

O venres 13 de decembro preséntase na Fundación DIDAC o proxecto gañador da Convocatoria de Residencias In Situ Sinfonía dunha cidade-corpo. 

Andrea Mosquera e Benxamín Otero son os gañadores desta edición do concurso Residencias In Situ organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo, Iñaki Martínez Antelo) co seu proxecto Sinfonía dunha cidade-corpo. A proposta parte da cidade como metáfora do corpo, ou o corpo como metáfora da cidade tomando como referencia a tradición do cine mudo e ese corpus de películas documentais denominadas “sinfonías de ciudades”, filmes que recorreron en nos contaron dun xeito absolutamente poético como era un día en Berlín, Praga ou Niza. 

A Fundación DIDAC apoia este proxecto e acollerá a súa presentación o 13 de decembro. O proxecto está financiado coa axuda da Área de Cultura da Deputación da Coruña.