







encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Este xoves 5 de novembro, ás 19:00 h, Cris Balboa e Víctor García (Death Whistle) presentarán na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela o seu novo proxecto de creación escénica, Quédome contigo.
Unha investigación arredor do dó, da memoria e das relacións entre a música, a palabra e o corpo, na que a composición sonora se converte nun espazo para explorar as experiencias persoais e as súas posibilidades de transformación artística.
Durante o encontro, as artistas compartirán o seu proceso de creación, as preguntas que atravesan a investigación e o punto no que se atopa actualmente o proxecto.
Quédome contigo é un dos dous proxectos seleccionados este ano na cuarta edición de In Situ. Residencias de artes vivas, un programa da Cooperativa Performa que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. A residencia desenvolveuse no local social da Sociedade Cultural e Recreativa «Luz de Ribeiras do Sor», no concello de Mañón.
Xoves 5 de novembro, ás 19:00 h
Fundación DIDAC
Rúa de Pérez Costanti, 12. Santiago de Compostela.
Convidámosvos a achegarvos, coñecer de preto o proxecto e compartir este encontro coas artistas. Agardámosvos!
