






encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
O 22 de xaneiro a Fundación DIDAC acolleu unha conversación excepcional entre Pepe Barro e Suso de Toro, un encontro próximo e inspirador no que ambos dialogaron sobre a súa longa simbiose profesional e sobre a relación viva entre a escritura e o deseño gráfico. Falouse do libro non só como contedor, senón como peza en si mesma, e da necesidade profunda de correlacionar a gráfica coa literarura para construír sentido.
A conversación percorreu tamén os procesos de deseño de hai décadas, a fotografía, o lettering e os movementos sociais ligados á creación literaria e artística, ofrecendo unha mirada rica e contextualizada sobre o traballo creativo e o seu tempo.
Foi unha sorte ser sede deste encontro tan fértil, que ademais inaugurou o ciclo de conferencias que inicia DIDAC en relación coa exposición O arquivo de Barro
Grazas a todas as persoas asistentes polo seu interese, escoita e participación.
Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.
