DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

TALLER NEVES SEARA - FESTIVAL PLATAFORMA

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 17 maio, 2025 - 10:00 a domingo, 18 maio, 2025 - 14:30

A artista Neves Seara levará a cabo un ano máis nas salas da Fundación DIDAC o Taller de Performance Luz Infinda. Terá lugar o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, de 10:00-14:30 horas e de 16.00-19.30 horas e o domingo 18 de maio de 10.00-14.30 horas.

Luz e sombra, poesía e corpo, presencia e ausencia – con estes conceptos, Neves Seara desenvolverá o seu taller performativo Luz infinda. Durante tres sesións, cada participante explorará a relación entre corpo e emoción, traducindo as súas vivencias en xogos de luces e sombras, conectándoas a textos poéticos compartidos. O resultado desta experiencia será unha performance que se presentará na Festa performativa a noite do 23 de maio na Galería Patio de luz entre as 21.30 e as 23.30 horas.

A inscrición quedará aberta o venres 9 na páxina web plataforma.gal e terá un custo de 50 euros.
50% de desconto para estudantes, e persoas xubiladas ou desempregadas
 

Precio matrícula: 
50.00€