DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Tatiana Macedo. Esgotaram-se os Nomes para as Tempestades

Tatiana Macedo


DIDAC. Santiago de Compostela


Tatiana Macedo

6 maio, 2023 a 4 xuño, 2023

Artista portuguesa nacida en Lisboa (1981), Tatiana Macedo desenvolve un traballo que utiliza o cine, a fotografía e o son. Traballando nas fronteiras entre xéneros artísticos, a noción dun campo expandido de prácticas artísticas atravesa as súas intervencións que empregan dende material de arquivo ata a súa propia metraxe, concibindo secuencias narrativas cun eco á vez político e poético.

Este proxecto, realizado en colaboración con Appleton (Lisboa), presenta un filme en catro canles titulado Esgotaram-se os nomes para as tempestades. Trátase dunha visión distópica dun futuro próximo, concibida a partir dun diálogo entre un personaxe e el mesmo en canto outro, unha sorte de Doppelgänger que alterna listas de nomes (de tempestades) con comentarios que as personalizan, partindo da circunstancia de ser nomes de persoas. A densidade atmosférica do filme, o seu ton e ambiente, é en parte definida por un cromatismo que remite para un universo cinematográfico romanticamente distópico con ecos da cinematografía dos anos oitenta.

O cine de Tatiana Macedo está construído con gran rigor estético e conceptual, procurando centrar a atención do espectador en detalles significativos que xeran significados que amplifican a repercusión das imaxes. 

Obra producida e presentada orixinalmente na Culturgest Porto en 2019

Esta exposición é en colaboración con Appleton e conta co apoio da DGArtes

A programación da Fundación DIDAC está apoiada pola Deputación da Coruña